As Cancelas celebra ao grande o seu primeiro aniversario

01 de novembro de 2013 to 16 de novembro de 2013

O centro comercial As Cancelas celebra este mes de novembro o seu primeiro aniversario. Un ano no que os veciños de Santiago e a súa área de influencia referendaron co seu apoio a aposta das Cancelas por converterse nun referente do comercio e o lecer en Galicia.

Para celebrar este primeiro ano xuntos, As Cancelas preparou dúas semanas de actividades para todas as idades, entre as que haberá talleres infantís especiais, agasallos directos, sorteos de magníficos premios e moitas sorpresas máis.

Gran tarta de premios. A partir do luns 4 de novembro, cada tiquet de compra de 15 euros dará dereito a participar na gran tarta de aniversarios de As Cancelas e obter centenares de obsequios directos: viaxes por España, noites de hotel, paseos en helicóptero... E moitos agasallos máis!

A familia As Cancelas. Os veciños de Santiago recibiron ao centro como uno máis da familia. Por iso, búscase aos membros da familia As Cancelas para que, entre o 5 e o 16 de novembro, fáganse unha foto divertida nun set moi especial e, ademais de levar un recordo, poidan ser os protagonistas da próxima campaña publicitaria do centro.

Móvete con Zumba. Foi un ano moi intenso, tanto como as clases gratis de Zumba que ofrece o centro os luns, mércores e venres ás 19.00 horas e os sábados ás 12.00 con monitores titulados e unha gran exhibición final o día 16 ás 17.00 horas.

Peppa Pig, por primeira vez en Galicia. A cerdita máis famosa da tele vén celebrar os aniversarios das Cancelas os días 8, 9 e 10 de novembro cos seus bailes e cancións en inglés.

Gran espazo Monster High. Os alumnos do instituto máis terroríficamente divertido estarán nas Cancelas os días 14, 15 e 16 de novembro para compartir xogos e aventuras cos seus fans.

Sorteo dun coche. Todas as compras de máis de 10 euros, incluídos billetes acumulables, realizadas entre o 4 e o 14 de novembro entrarán no sorteo dun magnífico coche que se celebrará o día 16 para culminar o primeiro aniversario de As Cancelas.

Ademais, moitos dos establecementos de As Cancelas sumaranse ao aniversario con ofertas especiais para os seus clientes durante as dúas primeiras semanas de novembro.