Apúntate ao Manequin Challenge de As Cancelas

17 de decembro de 2016

Este sábado 17 de decembro ás 20:00h gravaremos o noso particular Mannequin Challenge e queremos que ti formes parte del. Apúntate!

En As Cancelas sumámonos á febre do Mannequin Challenge! Si, como o liches. Este sábado 17 de decembro ás 20:00h gravaremos o noso particular Mannequin Challenge e queremos que ti formes parte del. Se queres ser un dos protagonistas do noso divertido vídeo, tan só tes que cubrir os teus datos no formulario da nosa web (confirmarémosche a túa participación cun correo electrónico). Ademais de pasar un bo intre, a túa participación pode ter premio: se es un dos 30 primeiros en inscribirse, levas unha entrada de cine de balde. A que agardas para apuntarte? Contamos contigo, co teu pai, coa túa irmá, co teu avó, coa túa curmá e cos teus amigos. Vémonos o sábado!