6 días de actividades de Entroido para os máis cativos

24 de febreiro de 2017 to 01 de marzo de 2017

Haberá talleres de maquillaxe, clases de baile, maxia, a actuación do grupo de teatro infantil Falabaratas e por suposto un gran concurso de disfraces.

Princesas, piratas, indios, vaqueiros, superheroes, mosqueteiros… Toca poñerse o disfrace e vir a As Cancelas a gozar das actividades de Entroido que organiza o Club de Celi para todos os pequenos visitantes do centro. Dende o venres 24 de febreiro e ata o mércores 1 de marzo, todos os nenos e nenas poderán gozar de obradoiros de maquillaxe, espectáculos de maxia, clases de baile, xogos e un gran concurso de disfraces que terá lugar o sábado día 25 e que contará coa actuación do grupo de teatro infantil Falabaratas. Non o perdas, os mellores disfraces levarán estupendos premios!