Gran festival de monicreques durante as vacacións escolares de Semana Santa

22 de marzo de 2013 to 28 de marzo de 2013

Algunhas das mellores compañías de monicreques de Galicia ofrecerán os seus espectáculos para toda a familia a partir do luns 25 de marzo en As Cancelas.

Durante catro días, os visitantes do centro comercial poderán gozar doutros tantos contos clásicos representados con distintas técnicas: marionetas de man, de vara, de fíos, etc, e acompañados de música. Todos os espectáculos terán lugar ás 19.00. Antes de cada función, ás 18.00 os pequenos espectadores poderán transformarse en artistas participando en talleres impartidos por monitores especializados que desvelarán aos rapaces algúns dos segredos das técnicas monicrequeiras.

O festival dará comezo o luns 25 de marzo coa representación de Pinocho, as aventuras do boneco de madeira que quere ser un neno de verdade. Pinocho, Gepetto, Pepito Grillo, a fada madriña e todos os personaxes do conto de Carlo Collodi estarán nun espectáculo de marionetas de man e varas para todos os públicos. Antes da representación, haberá un taller de sombras chinesas, a máis sinxela das técnicas de marionetas.

O 26 de marzo será a quenda de Alicia, a nena creada por Lewis Carroll que chega a un mundo máxico perseguindo ao coello branco e comparte aventuras co sombreireiro tolo, o gato de Cheshire, a terrible Raíña de Corazóns e outros personaxes do País das Marabillas. Antes de este espectáculo, realizado coa técnica de luva chinesa e varas, haberá un taller de máscaras.

O mércores 27 chega Pedro e o Lobo, o famoso conto popular ruso que se representará con marionetas de fío e acompañado da marabillosa música creada por Sergéi Prokófiev. O taller deste día será o de cabezudos, unha tradición que non pode faltar nas festas populares de Galicia.

O festival rematará o día 28 con El Libro de la Selva, unha adaptación a marionetas de mesa do a novela de Rudyard Kipling que narra as aventuras de Mowgli, o bebé abandonado na selva e criado por unha manda de lobos que o protexen do sanguinario tigre Shere Khan. O taller de hoxe estará dedicado á creación de marionetas con materiais reciclados..

Con este I Festival de Monicreques, o centro comercial As Cancelas mantén a súa aposta polas actividades culturais de carácter familiar e avala unha forma de arte tradicional que apaixona aos máis pequenos e que ten en Galicia algunhas das mellores compañías do país.