O autobús gratuíto de As Cancelas pasará o próximo sábado por Lalín, Silleda, A Estrada e Teo

21 de febreiro de 2013 to 24 de febreiro de 2013

As Cancelas invita de novo este sábado aos veciños dos arredores de Santiago que aínda non coñecen o centro comercial a pasar un agradable día de compras e ocio.

As Cancelas invita de novo este sábado aos veciños dos arredores de Santiago que aínda non coñecen o centro comercial a pasar un agradable día de compras e ocio. O próximo sábado, 23 de febreiro, os veciños de Lalín, Silleda, A Estrada e Teo dispoñerán dun autobús que lles levará gratis ata o centro comercial. O autobús sairá ás 10 da mañá de Lalín (a parada estará situada na estación de autobuses) e deterase a recoller pasaxeiros en Silleda (10.20, na parada de bus do centro), A Estrada (10.50, Praza do Farol) e Teo (ás 11.15 fronte ao Concello).

Os pasaxeiros poderán encher unha tarxeta que lles dará dereito a obter descontos e ofertas en establecementos de restauración e cafetarías da planta alta de As Cancelas. Os visitantes poderán coñecer as tendas e locais do centro comercial, aproveitar os últimos días de rebaixas e coñecer as novas tendencias da tempada de primavera. Ás 18.00 horas, o autobús sairá do centro comercial para comezar a ruta de volta, coas mesmas paradas.