Queremos festexar contigo o noso 5º aniversario, por iso, celebraremos un gran sorteo de cinco coches Toyota Aygo entre todos os nosos clientes.
Parece que foi onte pero fai xa cinco anos que abrimos as nosas portas para ofrecer o mellor espazo de ocio e compras a todos os residentes de Santiago e a súa área metropolitana. Queremos celebrar contigo unha cifra tan redonda, por iso, este novembro celebraremos un gran sorteo de cinco coches Toyota Aygo entre todos os nosos clientes.
Poderán participar todas as persoas que realicen compras no centro comercial entre o venres 17 de novembro e o venres 8 de decembro e canjeen os seus tiques de compra no Punto de Atención ao Cliente do centro comercial.
Por cada tique de 20 euros de compra obterase unha participación para o gran sorteo do quinto aniversario de As Cancelas; por cada tique de 40 euros obteranse dúas participacións e tres por cada tique de máis de 60 euros, ata un máximo de tres participacións por tique.
O gran sorteo dos cinco vehículos, realizarase de forma presencial o sábado 9 de decembro no centro comercial. Ti poderías ser un dos gañadores. Participa!