Yistiling e a depilación con fío claves da túa beleza en As Cancelas

30 de setembro de 2015

A depilación con fío no stand Yistiling do Centro Comercial As Cancelas. Esperámoste.

O espazo Yistiling é unha caseta de depilación dispoñible na planta 1 do Centro Comercial As Cancelas. O seu concepto baséase na depilación de cellas con fío. Por tanto, aquí aprenderás como perfilar as túas cellas en función do teu rostro e en relación aos teus gustos, o tipo de perfilado que mellor che queda, técnicas de depilación, etc. Entre os beneficios deste tipo de depilación, están os seguintes: non irritación da pel, efecto antiarrugas, pouca dor, precisión, longa duración, compatible con outros tratamentos na pel e unisex.

As Cancelas Yistiling stand depilación con hilo hindú

As Cancelas Yistiling stand depilación con hilo hindú

No Centro Comercial As Cancelas, se queres lucir unha mirada de infarto, ven á nosa caseta Yistiling. Aquí ofrécenche un novo sistema de permante de pestanas. Grazas a el, podes esquecerche do rulo e o pegamento. Deste xeito, as túas pestanas lucirán mellor e en moi pouco tempo. Ademais, se vés agora regálanche unha sesión do seu exclusivo servizo de depilación de cellas de fío permanente + tinguidura x 20.00. Non cho perdas, xa que é por tempo limitado. Tes ata o 8 de outubro de 2015.

Esperámoste en As Cancelas.