Ven a pasalo de medo con Monster High en As Cancelas!

14 de novembro de 2013
  • Actividades terroríficamente divertidas do 15 ao 17 de novembro para celebrar o primeiro aniversario do centro comercial.
  • Os fans do instituto máis orixinal da televisión poderán participar en talleres de maquillaxe e coreografía e obter un carné exclusivo de Monster High participando no espectacular xogo xigante.

 

O primeiro aniversario do centro comercial As Cancelas vólvese terroríficamente divertido coas actividades do Monster High, o instituto máis electrizante da televisión. O venres 15 de novembro de 17 a 21 horas, e o sábado 16 e o domingo 17 de 12 a 14 e de 17 a 21 horas, os fans dos populares personaxes da televisión poderán participar en xogos e talleres ambientados na famosa serie.

No espazo Monster High, os participantes poderán demostrar os seus coñecementos sobre os protagonistas da serie no Xogo Xigante, repleto de divertidas trampas e sorpresas, para obter un carné exclusivo que lles acreditará como alumnos do instituto máis terroríficamente divertido.

Tamén poderán aprender a maquillarse como os seus personaxes favoritos, demostrar a súa creatividade deseñando o seu propio personaxe Monster High e aprender, cunha coreógrafa oficial, os bailes da famosa serie. Ademais, poderanse ver episodios da serie, trailers da nova película e gozar do universo Monster High que As Cancelas trae a Santiago para celebrar o primeiro ano desde a súa apertura.

Monster High TM é unha marca rexistrada propiedade de Mattel, Inc. que foi lanzada ao mercado español en outubro de 2010. Monster HighTM reúne baixo o mesmo teito aos fillos adolescentes dos monstros máis famosos da historia, como Frankenstein, Drácula ou o Home Lobo. Todos eles comparten un estilo rompedor e unha actitude inconformista ante a vida, renegando das arcaicas tradicións dos seus pais para impor as súas propias regras. Cada un posúe unha personalidade única, así como un peculiar defecto ou rareza debido á súa herdanza monstruosa. Todos eles acoden ao instituto Monster High, un lugar no que non teñen por que avergoñarse da súa natureza monstruosa e son libres para expresarse sen complexos.