Un outono de moda en As Cancelas a ritmo dos setenta

15 de setembro de 2015

A moda de outono 2015 ven cargada de novidades. Desde As Cancelas presentámoste unha das tendencias estrela desta temporada: os anos setenta.

Ao longo destas últimas semanas comprobamos como o estilo dos anos setenta volvía ás pasarelas de moda e, con isto, ás tendas de moda. Deste modo, as marcas aproveitan este outono 2015 para ofrecernos o estilo dos anos 70 como unha nova tendencia de moda que marcará estilo. Esta moda están enchendo as tendas con pezas de roupa para os nosos outfits: pantalóns acampados, saias trapecio, estampados, pezas de crochet, sombreiros anchos, etc. Dende o Centro Comercial As Cancelas presentámosche a nova moda de outono para muller, pero baseada nos ritmos e estilos dos anos 70. Bótalle unha ollada a estas propostas de Cortefiel, Zara, Suiteblanco e H&M.

As Cancelas Moda Años 70 Otoño 2015

1. Cortefiel: neste caso, podes ver uns pantalóns jeans de forma acampada, algo propio da época dos setenta. Ademais, o bo que ten é que se pode combinar de moitas formas: por exemplo, cunha blusa branca, entre outros.

As Cancelas Moda Años 70 Otoño 2015

2. Zara: estes pantalóns son de palazzo e rematan en campá. Ademais, van cunha parte superior a xogo. Os detalles son os seguintes: zig zag, corpo sen mangas, etc.

As Cancelas Moda Años 70 Otoño 2015

3. Suiteblanco: agora falamos de estampados, pero non son uns estampados calquera, senón estampados de tipo étnico (moi propios dos anos 70 e que este ano volven con forza). Neste caso, trátase dun mini vestido. A mestura de flores e estilo étnico é moi interesante. O mellor de todo é que se pode combinar con abrigos e calquera outra peza de roupa máis propia do outono.

As Cancelas Moda Años 70 Otoño 2015

4. H&M: unha blusa de varias cores e con estampados. Vai a xogo con calquera peza de roupa. Trátase dun modelo curto con mangas tres cuartos, cremalleira visible na caluga e pliegues detrás.

Esperámoste en As Cancelas.