Última xornada de Entroido en As Cancelas

18 de febreiro de 2015

Hoxe é o último día de Entroido en As Cancelas. É xornada de obradoiro de antifaces venecianos e show infantil con Clown Nono.

O Entroido en As Cancelas chega á súa fin tras cinco días de intensa actividade. Tivemos dous espectáculos de inchables para os máis cativos; dúas charangas, unha do grupo TNT e outra da formación O Santiaguiño; un festival de baile de Entroido; dous obradoiros específicos para a xente máis nova, un deles de caretas e outro de marionetas; un concurso de disfraces e un show infantil co mago Magic Edu.

Magic Edu - As Cancelas - Carnaval

Magic Edu - As Cancelas - Carnaval

Este mércores 18 de febreiro é a fin do Entroido en As Cancelas. As actuacións desta xornada son un obradoiro de antifaces venecianos, a partir das 12:00h; e un show infantil, coa actuación de Clown Nono, ás 18:00h.

Como sabedes, este día 18 é mércores de cinza e algunhas cidades teñen este día coma festivo local. Porén, en Santiago de Compostela e tamén no noso centro comercial todas as tendas estarán abertas. Non esquezas que, ademais, varias tendas seguen de promocións ata finais de febreiro e que tes dispoñible unha exposición de graffiti, dos gañadores do concurso da Xunta de Galicia Xuventude Crea.

Agardámoste.