Tendencias e estilos de moda para este outono 2015 en As Cancelas

04 de setembro de 2015

Desde o Centro Comercial As Cancelas presentámosche algunhas das tendencias e estilos de moda máis importantes para este outono 2015. Descúbreos.

En setembro non só é tempo de volver ao cole, tamén é tempo de volver á universidade, ao traballo (para todos/as aqueles/as que tivésedes vacacións durante o mes de agosto)... Por suposto, tamén é unha oportunidade para renovar o noso vestiario e prepararse para a chegado do outono. É por iso que, dende o Centro Comercial As Cancelas e ao longo deste artigo, imos falar dos looks de moda e das tendencias para este outono 2015.

1. Verde militar e outros tons de verde: este é unha das cores estrela para a nova tempada. Loxicamente, admite varios tons: militar, caqui, azulado, oscurso, etc. Ademais, trátase dunha cor que combina cunha gran paleta de tons, dende o branco ata o negro. Bota unha ollada a este exemplo.

As Cancelas Moda otoño 2015

2. Ponchos: o poncho é unha peza moi versátil e, polo tanto, combinable cunha gran variedade de pezas de roupa. O ano pasado convertéronse en tendencia. É por iso que volven este ano con forza. Presentámosche o seguinte exemplo.

As Cancelas Moda otoño 2015

3. Pel: as pezas de pel son un clásico de cada tempada. Esta vez non ía ser menos, posto que a pel estará presente, dun ou doutro xeito, ao longo do outono 2015. Neste caso, presentámosche unha cazadora con carapucha.

As Cancelas Moda otoño 2015

4. A cadros: as camisas a cadros, por exemplo, foron tendencia na década dos noventa, sobre todo pola influencia do movemento grunge. Despois, hai uns anos, volveron poñerse de moda (dentro da nova estética grunge e tamén hispter). Esta tempada outono 2015 tamén vai estar presente. A principal característica deste estilo é que é doada de combinar e axústase a looks tanto formais coma informais.

As Cancelas Moda otoño 2015

5. Pantalóns boyfriend: neste caso, trátase de pantalóns vaqueiros "estilo home", é dicir, informais, desgastados e de tiro alto. A idea é que non sexan axustados ao corpo. Deste modo, conséguese unha maior liberdade de movementos.

As Cancelas Moda otoño 2015

6. Estilo 70s: unha das tendencias que volven este outono son os aires dos anos setenta. É dicir, os estilos tribais e aires retro volven estar de moda. Deste modo, tes pantalóns acampanados, blusas de estilo étnico, flocos, etc. A continuación, mostrámosche un exemplo.

As Cancelas Moda otoño 2015

Consulta os artigos 10 looks de rúa para volver á universidade e Tendencias de moda que debes seguir en outono para máis información.

No Centro Comercial As Cancelas podes encontrar os exemplos mostrados en Bershka, H&M, Springfield, Cortefiel e Pull&Bear.

Esperámoste en As Cancelas.