Tendencias de moda en Zara para este outono en As Cancelas

07 de setembro de 2015

Desde o Centro Comercial As Cancelas mostrámosche algunhas das tendencias de moda en Zara para a súa colección outono-inverno 2015-2016. Descúbreas.

O outono 2015 está á volta da esquina. Ademais, as novas tendencias de moda tamén nos mostran o que se vai levar durante o inverno 2015-2016. É por iso que, dende o Centro Comercial As Cancelas, che mostramos as novas tendencias da nova tempada en Zara. Destas tendencias, presentámosche un total de nove pezas de roupa claves que as reproducen. Toma nota.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

1. Veludo: o veludo foi unha das tendencias estrela ao longo do presente ano 2015. É algo que está en todas as partes, é dicir, algo polo que apostaron moitas marcas de moda. Isto tamén inclúe a Zara. A continuación, tes un exemplo do veludo de Zara en forma de vestido.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

2. Os flocos: este material foi tendencia este verán 2015. Agora repite durante o outono e o inverno da nova tempada. Neste caso, mostrámosche unha faldra.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

3. A pel: este tecido é tendencia. As marcas están a apostar por el. A continuación, unha cazadora de pel de Zara.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

4. O efecto patchwork: o patchwork consiste, basicamente, en volver ao pasado, pois mediante esta técnica é posible crear novas pezas de roupa, tal e como se facía antes. Tan só é cuestión de cortar, montar e coser. Este vestido é un bo exemplo.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

5. Os estampados xeométricos: esta tendencia destaca pola súa versatilidade, posto que é combinable cunha gran diversidade de pezas, tanto inferiores coma superiores. Neste caso, tes este vestido.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

6. O ante: un tecido cunha gran variedade de usos, o cal destaca por ser suave ao tacto e moi práctico. Este abrigo é a proba diso.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

7. As influencias orientais: os bordados e os debuxos de corte oriental están presentes na nova tempada de outono de Zara. Compróbao nesta chaqueta.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

8. Os tons grises: o gris é unha cor que combina con case todo, é útil para calquera tipo de peza e, este outono 2015, fai fronte á cor camel (ou pel). Este abrigo é un exemplo diso.

As Cancelas Zara moda Otoño 2015

9. Os colos: por último, non poderían faltar os colos. Aquí presentámosche unha blusa con lazada ao colo. É de cor granate e conta con estampados.

 

Esperámoste en As Cancelas.