Seguimos con graffiti e chega o scratch no terceiro día da Cultura Urbana

06 de febreiro de 2015

Hoxe tes á túa disposición dúas actividades: o taller de graffiti, de 17:30 a 19:00 horas, e o taller de scratch, de 19:00 a 20:30 horas.

A Semana da Cultura Urbana do Centro Comercial As Cancelas continúa hoxe co obradoiro de graffiti, a partir das 17:30h, e co de scratch, a partir das 19:00h. Mañá finalizarán as xornadas de obradoiros con tres actividades: a personalización de gorras, de 12:00 a 14:00 horas; o obradoiro de beatbox, de 18:30 a 19:30 horas, e a exhibición de breakdance, ás 19:00 horas.

Aquí temos un resumo da actividade de graffiti de onte:

Graffiti - Resumen 05/02 - Semana Cultura Urbana

Graffiti - Resumen 05/02 - Semana Cultura Urbana_2

O obradoiro de scratching está dirixido por Dj Webo e Dj Cro (Santiago de Compostela). Ambos os dous son membros de grupo de rap "504". Webo conseguiu o posto número 2 na "DMC" (Campionato Oficial de España de Turntablism) e Cro ten unha ampla traxectoria picando en grandes festivais, restaurantes e diferentes locais. O obradoiro consiste nunha actividade de carácter práctico guiada polos monitores. O principal obxectivo é que poidas chegar a coñecer o scratching e a practicalo de forma real, entendendo o scratching como unha técnica musical e rítmica propia do DJ ou turntablist, que se utiliza para crear sons a través do movemento dos discos de vinilo cara a diante e cara a atrás. Todo isto combínase co uso dunha mesa de mesturas.

Neste obradoiro vas poder traballar diferentes capacidades e cualidades, como é o caso da sensibilidade musical, o ritmo ou a coordinación senso-motora. Un dos aspectos máis positivos desta actividade, que se desenvolve paso a paso no obradoiro, é aprender a recuperar o uso do vinilo por parte da xuventude, a cal adoita descoñecelo. Ademais, para que poidas aprender e traballar de xeito eficiente, inclúense dúas mesas de mesturas completas, equipos de son, ordenadores portátiles, auriculares e outros recursos adicionais.

Os contidos que che ofrece o taller axudaranche a familiarizarte coa mesa de mesturas, os sons fundamentais, as principais técnicas de scratching con vinilo e practicar o uso da mesa e os pratos. Todo organizado por Vella Escola.

E non esquezas visitar tamén as obras de graffiti finalistas do concurso “Xuventude Crea 2014” durante este mes de febreiro, mes da cultura urbana en As Cancelas.