Os obradoiros da Semana da Cultura Urbana chegan ao seu fin con tres actividades prácticas

07 de febreiro de 2015

A Semana da Cultura Urbana do Centro Comercial As Cancelas chega hoxe á súa fin coa programación de tres actividades: a personalización de gorras de 12:00 a 14:00 horas, o obradoiro de beatbox de 18:30 a 19:30 horas e a exhibición de breakdance ás 19:00 horas.

Hoxe é sábado, un día especial para ti e para As Cancelas, pois rematan os obradoiros da Semana da Cultura Urbana. Pero trátase dun bo final, xa que temos preparada unha batería de actividades que inclúen a personalización de gorras, pola mañá a partir das 12:00h; o obradoiro de beatbox, a partir das 18:30h; e a exhibición de breakdance, desde as 19:00h.

Muestra de breakdance Vella Escola

O obradoiro de personalización de gorras está dirixido por Antony, membro do xurado do certame de Graffiti da Xunta "Xuventude Crea" e organizador das exhibicións de Graffiti do Marisquiño. Trátase da mesma persoa que dirixiu os obradoiros de graffiti dos primeiros días da Semana da Cultura Urbana. O que se busca con este obradoiro é que coñezas dunha forma amena a tarefa de personalizar as gorras con estilo e eficacia.

O beatbox ou beatboxing é un estilo musical ou vocal que se basea na creación de sons de carácter variado, tales como toques de batería, ritmos e tons musicais, facendo uso da boca, os labios, a lingua e a voz. Ocasionalmente tamén se inclúen diferentes tipos de canto, vocalizacións e a simulación de instrumentos musicais, xeralmente de vento, como é o caso de trompetas, saxofóns, frautas, etc. Ademais, a persoa encargada de facer estes sons pode valerse das mans para modificar os sons coa boca ou introducir ritmos a través do micrófono. Considérase que o beatboxing está actualmente intimamente relacionado coa cultura hip hop, aínda que a súa influencia vai máis alá. O obradoiro de beatbox está conducido por Davbeat, membro do grupo de rap "De Buena Tinta" e corista da cantante  Woyza. É tamén speaker oficial do Campionato de España de Breakdance "Street Battles".

A Semana da Cultura Urbana pecha coa exhibición de breakdance a partir das 19:00h. Este obradoiro vai a cargo de Vella Escola. Varios membros do grupo foron subcampións de España en 2014, e 2º e 3º posto nos campionatos galegos 2012 e 2013, respectivamente. Tamén gravaron un videoclip para o Xabarín Club (TVG) e realizaron máis de 100 shows por toda Galicia.

¿Anímaste a vir? Tes unha cita con nós en As Cancelas. Poderás descubrir de primeira man, e acompañado de profesionais do arte urbano, de todos os segredos relativos á personalización de gorras, ao beatbox e ao breakdance.