O que nos ensinaron de scratch e de personalización de gorras na Semana da Cultura Urbana

10 de febreiro de 2015

Durante os días 6 e 7 de febreiro, o Centro Comercial As Cancelas acolleu dous obradoiros esenciais dentro da Semana da Cultura Urbana: o obradoiro de scratch e o obradoiro de personalización de gorras.

Durante o venres 6 de febreiro, na Semana da Cultura Urbana, puideches apreciar no Centro Comercial As Cancelas un obradoiro de scratch dirixido por Dj Webo e Dj Cro, membros do grupo de rap "504". Ambos artistas contan cunha ampla traxectoria neste mundo da arte urbana. De feito, Webo alcanzou o posto número 2 na "DMC" (Campionato Oficial de España de Turntablism) e Cro foi quen de dirixir actuacións en grandes festivais, restaurantes e diferentes locais.

Scratch - As Cancelas

Scratch - As Cancelas

O obradoiro de scratch foi unha forma de actividade, guiada polos monitores, que tiña o obxectivo de achegar ao gran público as técnicas de scratch e tamén practicalo de forma real, entendendo o scratch como unha técnica musical e rítmica propia do DJ ou turntablist, que se emprega para crear sons mediante o movemento dos discos e o uso da mesa de misturas. A través deste obradoiro, os participantes puideron traballar diferentes técnicas tanto manuais como motoras e aprender a manexar diversos aparatos: mesas de mistura, equipos de son, computadores portátiles, auriculares, etc.

Outro dos temas esenciais da Semana da Cultura Urbana foi o obradoiro de personalización de gorras, cuxo obxectivo fundamental non era outro que, mediante a guía do monitor, chegar, como o seu propio nome indica, a customizar unha gorra, usando diferentes tipos de decoracións e facendo uso de rotuladores e outros instrumentos. Este obradoiro tivo lugar o sábado, no último día da Semana da Cultura Urbana. Foi Antony, membro do xurado do certame de graffiti da Xunta "Xuventude Crea" e organizador das exhibicións de graffiti do Marisquiño, en Vigo.

Personalización de gorras - As Cancelas

Lembra que o Mes da Cultura Urbana segue nas instalacións de As Cancelas e ata finais de febreiro tes dispoñible unha exposición cos gañadores do certame de graffiti da Xunta "Xuventude Crea". E non esquezas acudir aos actos de San Valentín e de Entroido nos vindeiros días.