Ilunion chega a As Cancelas

08 de febreiro de 2015

Chega a As Cancelas Ilunion, un posto de venda de xornais, revistas e outros artigos, que forma parte da Fundación Once.

Moitos usuarios de As Cancelas esperaban a chegada dun posto de venda de xornais e revistas para poder mercar no centro comercial a prensa diaria e tamén os semanarios e outras publicacións de diversa periodicidade. Pois xa chegou a As Cancelas e se chama Ilunion, unha iniciativa empresarial de ONCE e a súa fundación. Trátase dun lugar onde podes mercar cando queiras o teu xornal favorito ou esa revista que tanto che gusta, sen necesidade de saír do centro comercial e coa comodidade de poder facer as túas compras nun mesmo espazo.

Quiosco en As Cancelas - Ilunion

Ilunion está presente nos sectores de actividade empresarial máis importantes e conta cunha experiencia de máis de 25 anos. Entre estes sectores atópase a lavandaría industrial, o servizo de contacto co cliente, os servizos integrais, as solucións tecnolóxicas e a accesibilidade universal. De feito, Ilunion ten actividade empresarial en cinco divisións: servizos integrais, socio sanitaria, consultaría, viaxes, turismo e lecer, e comercialización. Estas divisións aglutinan a máis de 50 liñas de negocio, cunha cifra de vendas de 730 millóns de euros, adaptando a nosa oferta de produtos e servizos ás necesidades dos seus clientes.

Deste modo, Ilunion trata de integrar a visión empresarial coa da integración social, buscando o equilibrio entre os seus valores económicos e sociais. Isto supón investir en innovación, novas tecnoloxías e adquirindo novas liñas de negocio para dar solucións integrais aos seus clientes. Teñen más de 28.600 traballadores, más dun 31% con discapacidade. Ilunion tamén participa noutras empresas sociais, contribuíndo ao sostemento doutros 6.400 postos de traballo, dos cales o 80% son de persoas con discapacidade.

En canto a súa localización xeográfica, Ilunion conta con 474 centros de traballo, dos cales 229 son Centros Especiais de Emprego.

No centro comercial As Cancelas, Ilunion ofréceche xornais, revistas e artigos de quiosco, mellorando deste modo a nosa oferta e estando máis preto de ti. Polo tanto, a partir de agora xa contas cun novo servizo en As Cancelas, integrándose co resto da oferta comercial.