H&M moda home de outono coa colección Modern Essentials

05 de outubro de 2015

Desde As Cancelas en Santiago falámosvos do último de H&M: a súa nova colección de moda para home Modern Essentials e a presenza de David Beckam.

No Centro Comercial As Cancelas de Santiago de Compostela falámosche nesta ocasión da nova colección H&M Modern Essentials seleccionada por David Beckam. Trátase dun conxunto de pezas de roupa para home caracterizada por contar con varias pezas para todos os gustos, pero adaptadas ás tendencias de moda para o outono-inverno 2015-2016. A continuación, presentámosche algunhas pezas desta colección. Atoparás un abrigo, unha americana, unha cazadora, unha camisa, un xersei e unha sudadera.

1. A americana slim fit. Consiste nunha americana en tons escuros, formal e elegante, pero tamén apropiada para os estilos máis informais. Con ela posta, podes combinala coa roupa que ti queiras e sempre triunfarás, tanto nas ocasións formais como nas informais.

2. Xersei de punto a dobre cor. Para abrigarse coa baixada das temperaturas, combinando dúas cores e a raias.

3. A cazadora. Unha bomber é o que nos presenta H&M nesta colección. A clásica cazadora volve este outono.

4. O abrigo, un clásico. Con este abrigo longo e de cor crema, estarás máis abrigado este outono-inverno.

5. A cadros. Os cadros son unha tendencia en moda para este outono. Inspirada nas camisas escocesas de cadros, chéganos esta camisa de algodón. Algo que foi tendencia nos últimos anos, non podería faltar nesta ocasión.

6. Sudadera. Feita de algodón e en diferentes cores.

Así que xa sabes, estamos no outono, as temperaturas baixan e volve a choiva. Leva mellor a volta do frío co último de H&M para home.

Esperámoste en As Cancelas.