Gran concerto de Nadal da Coral Amigos de Compostela en As Cancelas

20 de decembro de 2013
  •  O concerto gratuíto da agrupación musical compostelá celebrarase este venres, día 20, ao seis da tarde no centro comercial.
  • A partir de mañá, día 19. Papá Noel estará todos os días no poboado do Nadal das Cancelas situado na última planta.
  • Todas as tendas do centro comercial permanecerán abertas este fin de semana para facilitar aos clientes das Cancelas as compras de Nadal

 

O vindeiro venres, día 20, o centro comercial As Cancelas será escenario dun gran concerto de Nadal a cargo dunha das agrupacións musicais de maior prestixio de Santiago: a Coral Amigos de Compostela, da Asociación de Antigos Alumnos da Escola da Inmaculada (La Salle). A coral, fundada no ano 2000, conta con 32 voces mixtas e ofrecerá parte do seu repertorio de panxoliñas e cancións tradicionais ás 18.00 horas do venres para que poidan gozalo de forma totalmente gratuíta os visitantes do centro comercial.

Ademais, a partir de mañá, día 19 e até o día 24, Papá Noel estará en As Cancelas para atoparse cos seus admiradores de todas as idades co seguinte horario:

 

  • Jueves 19 y viernes 20: De 17:00 a 20:30.
  • Sábado 21, domingo 22 e luns 23: De 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30.
  • Martes 24: de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30.

 

Todas as tendas do centro comercial As Cancelas abrirán este domingo, do mesmo xeito que todos os demais do mes de decembro para facilitar aos seus clientes as compras de Nadal. Os establecementos das Cancelas e o hipermercado Carrefour abrirán de 10.00 a 22.00 horas. A zona de lecer e restauración manterá o seu horario dos domingos: de 12.00 a 00.00 horas.

Desde a súa apertura, As Cancelas converteuse no referente de lecer e comercio en Santiago e a súa área. Conta con máis de 50.000 metros cadrados distribuídos en tres plantas. Na planta baixa sitúase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio. A primeira planta alberga firmas de moda e complementos e na segunda atópanse oito salgas de cinema e unha ampla e atractiva oferta de locais de lecer e restauración. As Cancelas dispón de 2.150 prazas de aparcadoiro gratuítas e tres liñas de autobús urbano chegan até o centro: a C2, a C4 e a C11.