Graffiti, scratch, breakdance, personalización de gorras... do 4 ao 7 de febreiro

01 de febreiro de 2015

Febreiro vai ser o Mes da Cultura Urbana Nas cancelas. Para ir abrindo boca, mostrámosvos os horarios de actividades da Semana da Cultura Urbana, do 4 ao 7 de febreiro. Tedes todo tipo de actividades: graffiti, breakdanceDJ, personalización de gorras escratch.

O 4 de febreiro iniciamos nas nosas instalacións do Centro Comercial As Cancelas unha nova actividade. Trátase da semana da Cultura Urbana, a cal se celebra entre os días 4 e 7 de febreiro. É un evento con multitude de actividades, dende talleres ata exhibicións de graffiti, scratch e beatbox, pasando pola personalización de gorras.

Os talleres de arte urbana que terán lugar durante a semana da Cultura Urbana son os que se detallan a continuación:

Durante os días mércores 4 e xoves 5 de febreiro, de 18:30 a 20:30 horas, teremos os talleres de graffiti. O venres día 6 de febreiro estarán dispoñibles os talleres de graffiti de 17:30 a 19:00 horas e o taller de scratch, o cal consiste nunha técnica musical fundamentada no movemento dun disco de vinilo nun tocadiscos cara a diante e cara a atrás producindo diferentes sons e efectos segundo a técnica empregada, de 19:00 a 20:30 horas.

O sábado día 7 de febreiro terán lugar dúas actividades. Por un lado, temos o taller de personalización de gorras, dende as 12:00 ata as 14:00 horas, e por outro lado, está o taller de beatbox, de 18:30 a 19:30 horas. O beat box é un estilo musical que se caracteriza pola destreza que mostran os participantes á hora de mostrar a súa habilidade producindo beats de batería, ritmos e sons musicais mediante o emprego da propia boca, os labios, a lingua e a voz.

E para rematar temos a exhibición de breakdance, a cal consiste nun baile de movementos complexos e moi variados, mesturando ritmos aeróbicos e rítmicos dentro dunha secuencia de posturas que seguen unha serie de patróns ou estilos. A devandita exhibición de breakdance executarase na planta 2 do centro comercial o sábado día 7 de febreiro ás 19:00 horas.

Semana de la Cultura Urbana. Del 4 al 7 de febrero. As Cancelas.