Geox xa ten tenda en As Cancelas

22 de decembro de 2014

A primeira planta do centro comercial conta cun novo negocio: Geox, a marca italiana de moda e zapatos transpirables e resistentes á auga fundada no ano 1990 polo italiano Mario Moretti tras unha mala experiencia persoal nas montañas de Nevada.

Trátase dunha marca moi especial que marcou unha revolución no sector da moda a nivel mundial nos anos noventa. Geox emprega tecnoloxías avanzadas na fabricación de calzado para o descanso do pé: os zapatos presentan uns pequenos orificios na sola que favorece que o pé respire e teña a frescura axeitada, sendo tan minúsculos que non permiten a penetración de fluídos.

Tanto homes coma mulleres poden achar en As Cancelas un amplo catálogo de moda e calzado Geox, todos eles caracterizados pola comodidade e a mais alta calidade.