Gañadores concurso Photocall de Celi As Cancelas

22 de setembro de 2015

Xa temos aos gañadores do Concurso do Photocall de Celi en As Cancelas.

O periodo de votación para o concurso do Photocall do aniversario de Celi en As Cancelas pechouse onte, día 21 de setembro de 2015, ás 23:59 horas. A data é a establecida nas bases do concurso. Agora, a día 22 de setembro de 2015, é o momento de coñecer aos gañadores do concurso.

Tamén queremos facer unha aclaración: con respecto ao tema de que a xente segue a votar, a votación das fotos é aberta, pois Facebook permite a interacción continua dos usuarios. É dicir, os usuarios van poder votar, pero o que conta é o reconto de votos que se fixo ata o día 21 de setembro, data válida a efectos de bases do concurso.

Os gañadores dos concurso son os seguintes:

1ª clasificada:  Ariadna Boquete

2ª clasificada:  Candela Vázquez

3ª clasificada:  Indira Carballo

Felicidades aos gañadores.