Do 13 ao 18 de febreiro o Entroido está en As Cancelas

12 de febreiro de 2015

Chega o Entroido a As Cancelas con moitas actividades para adultos e pequenos: concursos, charangas, actos, etc. Do 13 ao 18 de febreiro.

Mañá venres, 13 de febreiro, comezan as actividades de Entroido en As Cancelas cun enfoque cara aos máis pequenos, e é que xa dende as 18:00h estará aberto un inchable gratis para todos os membros do Club de Celi. O sábado 14 de febreiro chegan xa os pratos fortes destas festas da man de dúas das Charangas máis importantes e recoñecidas de Galicia que serán as encargadas de encher o centro comercial do colorido do Entroido coas súas animadas coreografías e cancións. Comezará a Chaganga TNT, que actuará dende as 12 da mañá, e o pasacalles da charanga Os Santiaguiños que terá lugar ás 18:00 h.

O domingo 15 de febreiro será o día do festival de baile de Entroido, dirixido pola prestixiosa coreógrafa e bailarina Ana Martínez, que comezará ás 12:00h e ao que tomará o relevo unha nova actividade de inchables que estará dispoñible xa dende as 18:00 h de forma gratuíta para todos os membros do club de Celi.

A partir do próximo luns as actividades poñerán o seu foco nos máis pequenos. O luns gozaremos dende as 12:00 h dun taller de caretas que nos servirá para quentar motores de cara ao concurso de disfraces que terá lugar dende as 18:00 h. A esa hora dará comezo a gran festa do Entroido con música, baile, xogos, regalos e o concurso de Entroido no que poderán participar todos os nenos con idades comprendidas entre os 0 e 14 anos que se inscriban no punto de atención ao cliente dende o luns 9 de febreiro ás 10 da mañá ata o luns 16 de febreiro ás 15h ou no propio lugar de celebración do evento (planta 2) de 17 a 18 horas. As Cancelas dispón de ata 4 premios:

- Mellor disfrace, o cal recibirá unha cama elástica

- O máis orixinal, que será premiado cunha moto eléctrica

- Mellor interpretado, ao que se lle entregará un patinete

- Máis simpático, que se levará unha bicicleta.

As actividades continuarán o martes, cun taller de marionetas de man, de 12:00 h a 14:00 h no Club de Celi, e cun Carnaval Máxico dende as 18:00h grazas a Magic Edu, un dos novos talentos da maxia nacional que nos traerá o seu estilo de maxia moi visual e creativa ao que non adoita faltarlle un toque de humor. O Entroido concluirá as súas actividades o mércores 18 cun obradoiro de antefaces venecianos para todos os membros do Club de Celi, e co espectáculo infantil Clown Nono, un espectáculo de humorque combinará as técnicas do mimo, o malabar, o clow n e o mundo das marionetas.

Se queres pasar uns bos días de Entroido en As Cancelas, anota estas datas e achégate.