Descubre os menús infantís de Muerde La Pasta en As Cancelas

22 de setembro de 2015

A gozar cos pequechos en Santiago de Compostela no Centro Comercial As Cancelas! Descubre os menús infantís de Muerde La Pasta.

No Centro Comercial As Cancelas tes moitos restaurantes para gozar da túa estancia en Santiago de Compostela. Neste artigo ímoste a falar dun dos nosos restaurantes estrela: Muerde La Pasta. Ademais, ímonos a centrar nos menús infantís. Aquí vas poder degustar ensaladas, guarnicións, carnes, peixes, pratos gratinados, pastas sen recheo, pastas recheas, pizzas e numerosas sobremesas, tales como froitas, xeados, siropes e toppings, cafés, infusións, chocolates e, ademais, bebidas e varios tipos de pan. A todo isto hai que engadirlle a creación de ensaladas personalizadas por parte dos usuarios.

Con todo, existe unha opción máis en Muerde La Pasta. Se vés con nenos ao Centro Comercial As Cancelas, seguramente gustaríache atopar un lugar onde poder comer con eles e, o que é aínda mellor, dispoñer de menús especializados para eles. Pois ben, en Muerde La Pasta dispós dunha sección de buffet infantil, a cal consiste nunha serie de menús apropiados para os máis pequenos. Estamos seguros de que así os peques gozarán máis da súa estancia en Santiago. Os menús son os seguintes:

Hamburger: hamburguesas de tenreira e porco para acompañar cunhas crujientes patacas fritas.

Macheroni in bianco: trátase de macarrones brancos. Acompáñaos con algunha salsa.

Mondo mariño: un peixe adaptado para os máis pequenos. Consiste en figuritas de pescada rebozada.

Nuggets: alimentos rebozados feitos de pito.

Patate a bastoncino: son patacas fritas ao forno. A súa vantaxe: son igual de crujientes que en tixola, pero máis sas.

Riso in bianco: arroz branco que se pode combinar co que ti queiras: carne, peixe, etc.

Spaghetti in bianco: son espaguetis brancos, pero pódelos combinar con carne, peixe ou a salsa que ti elixas.

Tortellini dei carne con salsa napoletana: descobre os tortellini de carne bañados en salsa napolitana.

Würstel: goza dunhas salchichas de Frankfurt, ideais para os máis pequenos da casa.

Esperámoste en As Cancelas.