Demostra á túa familia canto quérela co taller que ofrece este sábado O Club de Celi en As Cancelas

24 de outubro de 2013

 

  • Os participantes no novo taller de Celi en Familia poderán pintar e decorar corazóns para regalar ás súas persoas máis queridas
  • A actividade, cun aforamento de 30 participantes (entre nenos e adultos) celebrarase en dúas quendas: a 1º quenda de 11:00 a 12:15 horas e, a 2º quenda, de 12:45 a 14:00 horas
  • Ademais haberá unha emocionante ghymkana para atopar a Celi

O vindeiro sábado, 26 de outubro, o Club de Celi do centro comercial As Cancelas celebra un novo taller da actividade Celi en Familia, pensada para que pais e fillos compartan un agradable intre de xogos e actividades. Nesta ocasión, pais e fillos poderán demostrar non só o seu a súa creatividade senón tamén o seu agarimo pintando e decorando grandes corazóns de poliexpán que poderán regalarse entre eles ou levar a casa para regalar aos avós, os irmáns, os padriños...

As Cancelas ofrece este orixinal taller para pais e fillos dentro da actividade Celi en Familia que se celebra este sábado nas Cancelas a partir das 11 da mañá e en dúas quendas: de 11.00 a 12.15 e de 12.45 a 14.00. Ademais do taller de corazóns, haberá unha divertida Ghymkana para atopar a Celi, música e bailes.

Celi, un gracioso personaxe creado en exclusiva para o centro, é un extraterrestre disposto a compartir xogos e talleres cos nenos e aprender deles e con eles. As inscricións no Club de Celi poden facerse no mesmo centro comercial ou enchendo un formulario que pode atoparse na páxina web das Cancelas, onde Celi conta co seu propio espazo para comunicarse cos seus amigos e compartir con eles xogos, pasatempos e descargas.

A inscrición no club é gratuíta e todos os socios recibirán un agasallo de benvida e un carné personalizado co que poderán acceder a premios e descontos, ademais de información sobre as numerosas actividades deportivas, educativas e solidarias do club.