Damos a benvida a febreiro co Mes da Cultura Urbana

31 de xaneiro de 2015

Febreiro é o Mes da Cultura Urbana Nas cancelas. Por iso ímosvos ofrecer unha serie de eventos e actividades ao longo dos próximos días, incluíndo graffiti, breakdanceDJ, etc.

Hoxe estamos de parabéns porque comezan os actos relacionados coa Semana da Cultura Urbana que terá lugar entre os días 4 e 7 de febreiro, aínda que debido á extensión das actividades o chamamos Mes da Cultura Urbana. Por iso, para ir iniciándose no tema, durante o día de hoxe levarase a cabo unha acción de Street Marketing. Pero non só iso, pois ata o 28 de febreiro As Cancelasestará chea de actividades para todos eles.

Sabemos que a moitos de vós vos gusta o graffiti, especialmente aos máis novos. Por iso organizamos unha exposición formada por 5 obras cunhas dimensións de 2 x 4 metros, gañadores do Certame Galego Xuventude Crea, incluíndo a Asten, un destacado graffiterogalego que dispón dunha serie de obras moi interesantes. Estas creacións estarán expostas ata o día 7 de febreiro na Planta 2 de Centro comercial e a partir do día 9 de febreiro ata final de mes na Planta Baixa (zona estancial). E non se vos esqueza que Asten estará nos talleres do Mes da Cultura Urbana facendo graffiti en directo. Ademais, haberá breakdanceDJ, personalización de gorras, etc.

As Cancelas estará en período de rebaixas ata o día 15 de febreiro e moitas das nosas tendas dispoñen de ofertas especiais para que gocedes da vosa estanza no centro comercial.

A continuación, mostrámosvos algunhas das obras máis destacadas de Asten.

Asten. Obra graffiti

Asten. Obra graffiti 2