Concurso Photocall Festa de Celi

16 de setembro de 2015

Participa no noso "Concurso Photocall Festa de Celi" de As Cancelas. O participante que máis votos teña gañará fantásticos premios. Anímate!

Como sabedes, no Centro Comercial As Cancelas temos un concurso de fotografía sobre o aniversaraio de Celi. O sábado pasado, día 12 de setembro de 2015, foi o aniversario de Celi, evento no cal os nenos/as asistentes á festa puideron fotografiarse no Club de Celi. Agora é o momento de participar. O tres participantes que máis votos teñan no noso álbum de fotos de Facebook gañarán fantásticos premios: tres tarxetas agasallo para a compra de zapatos na zapatería Krack de As Cancelas e tres books fotográficos de Fílmate. Anímate a participar, esperámoste en As Cancelas!

Podes recoller as fotos no estudo Fílmate, de maneira gratuíta, no seguinte enderezo:

Sánchez Freire, 22 Baixo - CONXO - 15706 Santiago de Compostela (A Coruña)

BASES DO “CONCURSO PHOTOCALL FESTA DE CELI”

1. O concurso terá lugar o sábado día 12 de setembro de 2015. A votación é dende o mércores 16 de setembro ata o luns 21 de setembro de 2015.

2. Os nenos/as teñen que acudir ao Centro Comercial As Cancelas e achegarse ao espazo reservado no escenario principal, onde o fotógrafo oficial do Centro Comercial As Cancelas sacarálles unhas fotografías.

3. Só poderán participar no photocall aqueles nenos/as que sexan socios do Club de Celi.

4. Será necesario asinar o documento de consentemento de publicación de imaxe.

5. As fotos serán subidas á conta de Facebook de As Cancelas nun álbum co título "CONCURSO PHOTOCALL FESTA DE CELI" onde a xente poderá votar as fotos que se suban: álbum Photocall Celi As Cancelas

6. Os tres participantes que máis votos obteñan recibirán dous premios, cada un:

- Tres tarxetas agasallo válidas para a compra dun par de zapatos para nenos/as na tenda de calzado Krack

- Tres books fotográficos no estudo de fotografía Fílmate.

7. Os resultados dos gañadores daranse a saber a través das nosas redes sociais e na nosa web www.ascancelas.es o martes 22 de setembro.

8. Os gañadores disporán de 72 horas para recoller o premio. Transcurrido este prazo, o premio pasará ao primeiro en reserva.

9. Os premios non poderán ser cambiados polo seu valor en metálico en ningún caso.

10. As fotografías do concurso poderán ser utilizadas polo centro comercial nos seus diferentes perfís de redes sociais e páxina web.

11. O concurso non ten límite de idade.

12. Non hai límite no número de participantes.

13. O centro comercial resérvase o dereito de calquera modificación ou cambio do programa establecido nas nosas condicións.