Comezan as rebaixas de As Cancelas

30 de xuño de 2015

O centro comercial As Cancelas deu comezo hoxe á tempada de rebaixas e prolongarase ata o 17 de agosto

Unha ampla variedade de produtos de diferentes sectores poderanse gozar a prezos máis reducidos durante o período de rebaixas de verán de As Cancelas, que terá lugar dende o 1 de xullo ata o 17 de agosto.

O Centro comercial As Cancelas, que acolle a máis de 100 establecementos, configurando a maior oferta comercial, de ocio e de restauración de Santiago de Compostela, permanecerá aberto o próximo domingo día 5 de xullo. Durante estas datas poderase gozar, con importantes descontos, de produtos téxtiles, lenzaría, calzado, complementos, cosmética, perfumaría, decoración, tecnoloxía e alimentación.