Comeza a Semana da Cultura Urbana cos obradoiros de graffiti

04 de febreiro de 2015

A Semana da Cultura Urbana comeza hoxe, 4 de febreiro, con obradoiros de graffiti terán lugar de 18:30 a 20:30h. e mañá, xoves 5 de febreiro, de 17:30 a 19:00h. O colectivo Vella Escola será quen poña en marcha estes obradoiros; que son de balde e non requiren inscrición previa.

Hoxe pola tarde, de 18:30 a 20:30 horas, e mañá, de 17:30 a 19:00 horas, terán lugar os obradoiros de graffiti que se atopan dentro da Semana da Cultura Urbana do Centro Comercial As Cancelas.

Antony será o encargado de dirixir os obradoiros de graffiti. Son unha oportunidade para que te inicies nesta arte e experimentes, guiado por un dos máis destacados artistas de Galicia. Antony é membro do xurado do certame de Graffiti da Xunta "Xuventude Crea" e organizador das exhibicións de graffiti do Marisquiño, un evento de cultura urbana e deportes extremos que se celebra en Vigo.

Estes obradoiros de graffiti son actividades eminentemente prácticas onde poderás coñecer as técnica e recursos para iniciarte nesta arte. O colectivo Vella Escola, encargado da organización dos obradoiros da Semana da Cultura Urbana, son especialistas nas expresións urbanas en Galicia: breakdance, graffiti, rap, skateboard, danzas de rúa, son as ferramentas coas que difunden entre a mocidade galega as manifestacións culturais e artísticas propias da cultura urbana.

Cartel Semana de la Cultura Urbana. As Cancelas. Graffiti, scratch, breakdance, beatbox...

 

Durante os obradorios Asten vai pintar un graffiti e amosarnos porque é o gañador do concurso Xuventude Crea Graffiti, un certame organizado e xestionado pola Xunta de Galicia, nos anos 2012 e 2014. Tamén participou en moitas exhibicións ao longo de toda España en diferentes festivais de carácter urbano.

Se te achegas ós obradoiros do Centro Comercial As Cancelas, podes visitar tamén as obras de graffiti finalistas do concurso “Xuventude Crea 2014” na planta alta. Queresmos que te achegues á linguaxe e á historia do graffiti, e coñezas os seus usos adecuados e inadecuados. Xa sabes, se queres coñecer as técnicas do spray máis utilizadas no arte mural e no graffitis, e queres pintar o teu propio graffiti, ven a As Cancelas e iniciate nesta arte.

Agardámoste.