Comeza a charanga no Centro Comercial As Cancelas

14 de febreiro de 2015

Hoxe fan acto de presenza as actuacións de Charanga TNT e do Pasacalles Charanga "O Santiaguiño" dentro das xornadas do Entroido de As Cancelas.

O día 14 de febreiro é día de San Valentín, pero este ano ese día coincide tamén cunha data importante: o Entroido. Dentro das actividades do Entroido de As Cancelas, as cales se extenden entre os días 13 ao 18 de febreiro, hoxe día 14 temos dúas actuacións importantes. Por unha banda, temos a Charanga TNT, ás 12:00 horas; e pola outra banda, temos o Pasacalles Charanga "O Santiaguiño", ás 18:00 horas.

O día 13 de febreiro tivo lugar un espectáculo inchable.

Hinchable - As Cancelas - Carnaval día 13

Hinchable - As Cancelas - Carnaval día 13_b

Charanga TNT comezou coma un proxecto dun grupo de amigos, todos eles nados na atmosfera das bandas de música dos concellos de Teo e A Estrada. Todos os membros de Charanga TNT teñen estudos musicais regrados polo conservatorio, ademais de que ampliaron a súa formación musical nos eidos da música clásica, da man de música das Bandas, así como da súa participación nelas. Ante todo, son un grupo heteroxéneo, pois o grao de formación varía cuns respecto a outros, algúns deles colaboraron con orquestas, con agrupacións de música tradicional, de folk-fusión, de blues ou jazz, etc.

En canto ao grupo "O Santiaguiño", que teñen a súa actuación ás 18:00 horas, a súa historia nace alá polo ano 2008. Eran un grupo de amigos que tocaban na banda municipal de música de Padrón. Foi entón cando comezaron a falar do proxecto, de como podían levalo a cabo e decidiron quedar un día para conseguir dar o paso. Este grupo realiza múltiples actuacións por toda Galicia e incluso chegaron a Asturias, León e Portugal. A Charanga "O Santiaguiño" conta con 10 músicos. Todos eles son xente moza, con ganas de desfrutar e cumprir cos desexos da xente.

As actividades do Entroido de As Cancelas continuarán ata o vindeiro mércores 18 de febreiro. Ademais disto, no Centro Comercial tamén temos o Mes da Cultura Urbana coas exposicións de graffiti ata finais de febreiro. Finalmente, as rebaixas rematan esta fin de semana.

Achégate a As Cancelas.