Celi repartiu arredor de 500 exemplares na presentación do seu libro

25 de abril de 2015

Ao evento celebrado no Día Internacional do Libro, que foi todo un éxito, asistiron Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística; María Antón, Concelleira de Cultura; Pere Tobaruela, autor do libro; o ilustrador Andrés Meixide; Abraham Cano, Xerente do Centro Comercial; e Sandra Fernández, Adxunta a Xerencia.

As Cancelas ten programadas diversas visitas a colexios de Santiago nas que se regalarán libros aos alumnos para acadar a máxima difusión. Trátase dunha iniciativa que xorde no Club de Celi e que manifesta o compromiso do centro comercial co fomento do idioma de Galicia e a lectura entre os máis pequenos.

O Club de Celi, un espazo gratuíto no que se engloban todas as actividades infantís que o centro organiza durante todo o ano, ven de sumar recentemente a cifra de 7.000 socios, o que supuxo o empurrón definitivo para poñer en marcha o proxecto.

Presentación del libro de Club de Celi