As Cancelas vístese de Carnaval

12 de febreiro de 2015

O centro comercial de Santiago preparou un gran programa de actividades para as festas de carnaval, entre as que destaca o seu gran concurso de disfraces.

Mañá comezan as actividades de carnaval Nas cancelas cun enfoque cara aos máis pequenos, e é que xa dende as 18:00 h estará aberto un inchable gratis para todos os membros do club de celi.

O sábado chegan xa os pratos fortes destas festas da man de dúas das Charangas máis importantes e recoñecidas de Galicia que serán as encargadas de encher o centro comercial do colorido do Carnaval coas súas animadas coreografías e cancións. Comezará a Chaganga TNT, que actuará dende as 12 da mañá, e o pasacalles da charanga Os Santiaguiños que terá lugar ás 18:00 h.

O domingo será o día do festival de baile de carnaval, dirixido pola prestixiosa coreógrafa e bailarina Ana Martínez, que comezará ás 12:00 h e ao que tomará o relevo unha nova actividade de inchables que estará dispoñible xa dende as 18:00 h de forma gratuíta para todos os membros do club de Celi.

Superado xa o fin de semana, dende o luns as actividades poñerán o seu foco nos máis pequenos. O luns gozaremos dende as 12:00 h dun taller de caretas que nos servirá para quentar motores de cara ao concurso de disfraces que terá lugar dende as 18:00 h.

A esa hora dará comezo a gran festa de carnaval con música, baile, xogos, regalos e o concurso de carnaval no que poderán participar todos os nenos con idades comprendidas entre os 0 e 14 anos que se inscriban no punto de atención ao cliente dende o luns 9 de febreiro ás 10 da mañá ata o luns 16 de febreiro ás 15 horas ou no propio lugar de celebración do evento (planta 2) de 17 a 18 horas.

As Cancelas dispuxo ata 4 premios que se entregarán ao mellor disfrace, que recibirá unha cama elástica, o máis orixinal, que será premiado cunha moto eléctrica, o mellor interpretado, ao que se lle entregará un patinete, e o máis simpático, que se levará á casa unha bicicleta.

As actividades continuarán o martes, cun taller de marionetas de man, de 12:00 h a 14:00 h no Club de Celi, e cun Carnaval Máxico dende as 18:00 h grazas a Magic Edu, un dos novos talentos da maxia nacional que nos traerá o seu estilo de maxia moi visual e creativa ao que non adoita faltarlle un toque de humor.

O carnaval despedirase xa o mércores 18 cun taller de antefaces venecianos para todos os membros do Club de Celi, e co espectáculo infantil Clown Nono, un espectáculo de humor tenro e desternillante que combinará as técnicas do mimo, o malabar, o clown e o mundo das marionetas.