As Cancelas tráeche a nova moda de outono 2015 de Primark

10 de setembro de 2015

É un feito que chega o outono. Por iso Primark preséntache a súa nova colección de roupa. Abrígate coa súa nova moda no Centro Comercial As Cancelas.

Dende o Centro Comercial As Cancelas presentámoste o último de Primark. Este outono/inverno 2015 chega a nova moda e os de Primark quixéronlle dar un toque alpino, centrando a presentación da súa nova colección outonal nas planicies de Chamonix, en Francia. Polas súas características, trátase dun lugar ideal para lucir a nova moda de outono/inverno, xa que se trata dun cambio de estación importante e máis nunha zona de montaña.

A continuación, presentámoste as características desta nova colección de moda outono/inverno de Primark.

As Cancelas Primark Otoño Invierno 2015.2016

En primeiro lugar, falamos das cores da nova estación. Como a natureza cambia, tamén o fai a moda. Iso significa que as pezas de roupa tíñense da cor da paisaxe, tanto urbana coma rural. Deste modo, en outono preséntansenos tons de cor como o borgoña, o azafrán e o carballo, todo cunha notable influencia da paisaxe outonal.

As Cancelas Primark Otoño Invierno 2015.2016

Por suposto, as pezas de roupa de punto tradicionais seguen estando de moda. Porén, a diferenza de outros anos, nos que se apostaba moito polas formas xeométricas, este ano damos a benvida á tendencia do ano: o look dos setentes. Isto significa que vas atopar xerséis de pescozo alto, bufandas de tubo de chenilla, suéteres extragrandes, etc.

As Cancelas Primark Otoño Invierno 2015.2016

En canto aos abrigos, como non imos falar de eles? Está claro. Se cambia a estación e baixan as temperaturas, necesitas un abrigo. E o que é máis evidente. Primark tamén che ofrece abrigos para o outono. Neste caso, preséntanche chaquetas de cortes rectos, entallados e longos, ademáis de capas de flecos.

As Cancelas Primark Otoño Invierno 2015.2016

Tecido vaqueiro? Por suposto. Este tamén é un dos grandes protagonistas do outono e do inverno. Este ano tampouco podería faltar. Digamos que para o outono 2015 dispós en Primark de tecidos vaqueiros con remates de orillo, lavados desgastados e moito máis.

As Cancelas Primark Otoño Invierno 2015.2016

Rematamos coas botas de montaña. Se be é certo que en determinadas zonas pódese vivir perfectamente en inverno con zapatillas deportivas e uns zapatos, tamén temos que recoñecer que en outros lugares chove moito e incluso neva. Santiago de Compostela é o perfecto exemplo de choiva. É por iso que unhas botas de inverno son unha boa opción para protexer os nosos pés das adversidades do tempo. Xa sabes, a choiva e o vento, especialmente cando veñen xuntos e con forza, poden convertirse nun pesadelo. Mellor, como sempre, é ir ben preparados.

 

Que teñas un bo outono. Esperámoste en As Cancelas.