As Cancelas reforza a súa oferta comercial con cinco novos establecementos

10 de outubro de 2013
O centro comercial As Cancelas reforza este outono a oferta para os seus clientes coa apertura de cinco novos establecementos. Os visitantes das Cancelas poden gozar xa da coñecida marca francesa de moda infantil Orchestra e de Equivalenza, que comercializa perfumes de alta calidade a prezos low cost. Ademais, moi pronto abrirán as súas portas un establecemento do operador de telefonía Yoigo e a Pulpería Vilalúa, un referente na gastronomía galega. As aperturas completaranse nas próximas semanas cun novo salón de peiteado.
 
Con estes novos establecementos, e cando vai cumprirse un ano da súa apertura, As Cancelas quere seguir consolidándose como o centro comercial e de lecer de referencia en Santiago e a súa área metropolitana. "Traballamos para ofrecer cada vez un mellor servizo aos nosos clientes e por iso tentamos ampliar o noso abanico de tendas, restaurantes e actividades de forma permanente, para que quen nos visiten, teñan a idade que teñan, atopen sempre algo diferente e atractivo", sinala o xerente das Cancelas, Abraham Cano, quen subliñou a excelente acollida que tiveron iniciativas postas en marcha polo centro como O Club de Celi, que agrupa as actividades infantís, a recente Fashion Night Out ou a exposición da Era do Xeo, que se exhibe actualmente no centro comercial. Esta exposición poderá visitarse tamén este sábado, 12 de outubro, festividade do Pilar, porque As Cancelas abre durante todo o día no seu horario habitual.