As Cancelas inaugura The Body Shop

22 de decembro de 2014

A empresa de orixe británica, The Body Shop, acaba de inaugurar un novo espazo na primeira planta do Centro Comercial As Cancelas. Dende 1976 a marca elabora e distribúe produtos naturais para a pel e o cabelo, así como unha gran variedade de produtos relacionados coa cosmética.

A marca de The Body Shop foi unha fiel defensora da nova tendencia no mundo da cosmética que aposta pola utilización de produtos exclusivamente naturais, apostando pola reciclaxe de envases e o comercio honesto con comunidades do Terceiro Mundo, así como a reafirmación da autoestima da muller e o rexeitamento absoluto sobre a experimentación con animais.

The Body Shop combina a cultura tradicional e os antigos remedios de herbas coas tecnoloxías mais avanzadas, conseguindo deste modo uns produtos orixinais e efectivos que triunfaron en todo o mundo, e agora tamén en Santiago.