As Cancelas despide o ano coa celebración do II Festival de Monicreques

27 de decembro de 2013

Tras o éxito da edición de primavera, as marionetas regresan ás Cancelas co II Festival de Monicreques, que se celebrará entre o 28 e o 31 de decembro organizado polo Club de Celi, que aglutina as actividades infantís do centro comercial compostelán. Durante catro días, os visitantes das Cancelas poderán gozar doutros tantos espectáculos representados con distintas técnicas e acompañados de música. Todos os espectáculos, que duran ao redor de 50 minutos, terán lugar ás 12.30 e antes de cada función, ás 12,  os pequenos espectadores poderán transformarse en artistas participando en talleres de creación de marionetas impartidos por monitores especializados.

O festival dará comezo o sábado 28 de decembro coa representación da Historia do Apalpador, un personaxe da tradición popular galega nacido no Courel. É un pastor grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remiendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza jabalíes, colleita mel e fai aparecer, coas ramas dos bosques e breñales, os xoguetes que as madeiras esconden. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.

O domingo 29 será a quenda das Aventuras dos Libros Fantásticos. Un espectáculo no que os libros se volven tolos e viaxan de acá cara alá nunha maleta querendo contar a súa historia. Hainos tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos? Todos queren compartir as aventuras que levan dentro nun espectáculo para todas as idades
O luns 30 chega Pastoreando Alegrías, un espectáculo de contacontos e bonecos protagonizado pola cabra Micaela e a súa pastora. As alforxas de Micaela, en lugar de queixo e pan, levan contos e cuentitos todos tolos de atar. Son historias sen sentido que nos fan sorrir, e énchennos de alegrías e de ganas de vivir. Ven a pastorear a risa e a xogar coas palabras!

O festival terminará o día 31 con Catro Contos da China, catro insólitas aventuras que nos descobren un cómico e divertido mundo, escondido moi preto de nós e cheo de inquietantes situacións. A natureza, a amizade, os disparates humanos? Aprendizaxes e xogos realizados coa maxia do monicreque chinés.
Con este II Festival de Monicreques, o centro comercial As Cancelas, a través do Club de Celi, mantén a súa aposta polas actividades culturais de carácter familiar e apoia unha forma de arte tradicional que apaixona aos máis pequenos e que ten en Galicia algunhas das mellores compañías do país.  

As Cancelas, o novo referente de lecer e comercio en Santiago e a súa área, conta con máis de 50.000 metros cadrados distribuídos en tres plantas. Na planta baixa sitúase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio. A primeira planta alberga firmas de moda e complementos e na segunda atópanse oito salgas de cinema e unha ampla e atractiva oferta de locais de lecer e restauración. As Cancelas dispón de 2.150 prazas de aparcadoiro gratuítas e tres liñas de autobús urbano chegan até o centro: a C2, a C4 e a C11.