As Cancelas celebra ao grande cos seus clientes o seu primeiro aniversario

31 de outubro de 2013

O centro comercial As Cancelas celebra este mes de novembro o seu primeiro aniversario. Un ano no que os veciños de Santiago e a súa área de influencia referendaron co seu apoio a aposta das Cancelas por converterse nun referente do comercio e o lecer en Galicia. En palabras do seu xerente, Abraham Cano: “Fixemos un gran esforzo para conseguir que As Cancelas sexa un espazo onde todo o mundo poida atopar o que busca, xa sexa nos nosos comercios ou nas actividades familiares que organizamos, e os altos índices de retorno dos visitantes do centro demóstrannos que imos na boa dirección, polo que estamos moi contentos e animados para seguir traballando”.
Para celebrar este primeiro ano xuntos, As Cancelas preparou dúas semanas de actividades para todas as idades, entre as que haberá talleres infantís especiais, agasallos directos, sorteos de magníficos premios e moitas sorpresas máis.

Gran tarta de premios. A partir do luns 4 de novembro, cada tiquet de compra de 15 euros dará dereito a participar na gran tarta de aniversario de As Cancelas e obter centenares de obsequios directos: viaxes por España, noites de hotel, paseos en helicóptero... ¡E moitos agasallos máis!

A familia As Cancelas. Os veciños de Santiago recibiron ao centro como un máis da familia. Por iso, búscase aos membros da familia As Cancelas para que, entre o 5 e o 16 de novembro, fáganse unha foto divertida nun set moi especial e, ademais de levar un recordo, poidan ser os protagonistas da próxima campaña publicitaria do centro.

Móveche con Zumba. Foi un ano moi intenso, tanto como as clases gratis de Zumba que ofrece o centro os luns, mércores e venres ás 19.00 horas e os sábados ás 12.00 con monitores titulados e unha gran exhibición final o día 16 ás 17.00 horas.

Peppa Pig, por primeira vez en Galicia. A cerdita máis famosa da tele vén celebrar o aniversario de As Cancelas os días 8, 9 e 10 de novembro cos seus bailes e cancións en inglés.

Gran espazo Monster High. Os alumnos do instituto máis terroríficamente divertido estarán nas Cancelas os días 14, 15 e 16 de novembro para compartir xogos e aventuras cos seus fans.
Sorteo dun coche. Todas as compras de máis de 10 euros, incluídos billetes acumulables, realizadas entre o 4 e o 14 de novembro entrarán no sorteo dun magnífico coche que se celebrará o día 16 para culminar o primeiro aniversario de As Cancelas.

Ademais, moitos dos establecementos de As Cancelas sumaranse ao aniversario con ofertas especiais para os seus clientes durante as dúas primeiras semanas de novembro.

Desde a súa apertura en novembro de 2012, As Cancelas converteuse no referente de lecer e comercio en Santiago e a súa área grazas á súa ampla oferta de establecementos e servizos e á súa programación de actividades para todas as idades, con especial atención aos máis pequenos a través do Club de Celi. As Cancelas conta con máis de 50.000 metros cadrados distribuídos en tres plantas: na planta baixa sitúase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio. A primeira planta alberga as mellores firmas de moda e complementos e na segunda atópanse oito salas de cine de última xeración e unha ampla e atractiva oferta de locais de lecer e restauración. As Cancelas dispón de 2.150 prazas de aparcadoiro gratuítas e tres liñas de autobús urbano chegan ata o centro: a C2, a C4 e a C11.