As Cancelas busca á familia protagonista da súa próxima campaña de publicidade

05 de novembro de 2013
  •   Premiarase á familia máis orixinal e divertida que acuda a facerse unha foto no set situado na planta baixa do centro comercial
  •     A iniciativa é parte das actividades do primeiro aniversario das Cancelas, que  culminarán o sábado 16 co sorteo dun coche
  •     A gran torta de premios das Cancelas regala cada día viaxes de vacacións, paseos en helicóptero e centenares de premios directos
  •     Populares personaxes como Peppa Pig e as Monster High celebrarán o aniversario do centro cos máis pequenos da casa e ofrécense clases gratuítas de Zumba os luns, mércores, venres e sábados

Os veciños de Santiago recibiron ao centro comercial As Cancelas como a un máis da familia. Por iso, para celebrar o primeiro ano desde a súa apertura, As Cancelas busca á familia máis divertida para que protagonice  a súa próxima campaña de publicidade. Até o día 16 de novembro -todas as tardes de seis a nove e os sábados tamén de 12.00 a 14.00-, un fotógrafo profesional estará a disposición de quen queiran converterse na familia As Cancelas pousando nun set instalado na planta baixa do centro. Valorarase a creatividade e orixinalidade e os participantes levarán como lembro a foto que se realice, ademais de concursar para ser os protagonistas da próxima campaña das Cancelas.

A procura da Familia As Cancelas é unha máis das actividades para todas as idades que o centro preparou para celebrar o seu primeiro ano en Santiago e entre as que hai talleres infantís especiais, agasallos directos, sorteos de magníficos premios e moitas sorpresas máis.

Gran torta de premios. Desde o luns 4 de novembro, cada tiquet de compra de 15 euros dá dereito a participar na gran torta de aniversarios das Cancelas e obter centenares de obsequios directos: viaxes por España, noites de hotel, paseos en helicóptero... E moitos agasallos máis!

Móvete con Zumba. Foi un ano moi intenso, tanto como as clases gratis de Zumba que ofrece o centro os luns, mércores e venres ás 19.00 horas e os sábados ás 12.00 con monitores titulados e unha gran exhibición final o día 16 ás 17.00 horas.

Peppa Pig, por primeira vez en Galicia. A cerdita máis famosa da tele vén celebrar os aniversarios das Cancelas os días 8, 9 e 10 de novembro cos seus bailes e cancións en inglés.

Gran espazo Monster High. Os alumnos do instituto máis terroríficamente divertido estarán nas Cancelas os días 14, 15 e 16 de novembro para compartir xogos e aventuras cos seus fans.

Sorteo dun coche. Todas as compras de máis de 10 euros, incluídos billetes acumulables, realizadas entre o 4 e o 16 de novembro entrarán no sorteo dun magnífico coche que se celebrará o día 16 para culminar o primeiro aniversario das Cancelas.

Ademais, moitos dos establecementos das Cancelas sumaranse ao aniversario con ofertas especiais para os seus clientes durante as dúas primeiras semanas de novembro.