Bases do terceiro concurso de entroido do Centro Comercial As Cancelas

09 de febreiro de 2015

Chega o entroido. Aquí tes as bases do terceiro concurso de entroido do Centro Comercial As Cancelas. O 16 de febreiro ás 18:00 horas tes unha cita nas nosas instalacións.

 

1. O concurso terá lugar o luns día 16 de febreiro de 2015 ás 18:00 na planta 2 do Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela.

2. Os participantes deberán de presentarse polo menos con 30 minutos de antelación ao concurso na mencionada zona para ir preparando a orde de saída do desfile de carnaval.

3. Poderán participar nenos e nenas que teñan entre 0 e 14 anos.

4. Aqueles nenos que non saiban ou poidan andar desfilarán acompañados dalgún dos monitores ou dun familiar seu.

5. A inscrición efectuarase no Posto de información, situado en Planta Baja del Centro Comercial, dende o luns día 9 de febreiro ás 22 horas ata o luns día 16 de febreiro ás 15 horas. Tamén poderán inscribirse no propio lugar de celebración do evento de 17 a 18 horas o luns 16 de febreiro.

6. Non haberá límite de participantes inscritos.

7. Só poderán optar ao concurso (OBTENCIÓN DE PREMIOS) aqueles que figuren no mencionado listado. Os disfraces que se presenten fóra desa lista poderán desfilar ao final do concurso sen optar ao premio.

8. Todos aqueles que sexan chamados a desfilar e non o fagan por non encontrase nese momento no lugar de celebración do desfile quedarán descualificados do concurso non podendo optar a premios.

9. O xurado estará formado por persoal de xerencia e organización do evento.

10. Valorarase a simpatía, orixinalidade, innovación e creatividade dos disfraces

11. Existirá unha categoría única.

12. Repartiranse 4 premios: premio ao mellor disfrace, o premio ao disfrace máis orixinal, premio á mellor interpretación e premio ao máis simpático.

13. Os premios serán os seguintes:

- Mellor disfrace: Cama elástica.

- Máis orixinal: Moto eléctrica.

- Mellor interpretación: Patinete

- Máis simpático: Bicicleta

14. Os premios non poderán ser cambiados polo seu valor en metálico en ningún caso.

15. O uso dos datos persoais dos participantes por parte do Centro, será exclusivamente para nomealos no desfile, co consentimento previo dun adulto.

16. Todas aquelas fotos realizadas durante a celebración do concurso poderán ser utilizadas polo Centro comercial nos seus diferentes perfís de redes sociais.

17. O Centro Comercial resérvase o dereito de calquera modificación ou cambio do programa establecido nestas condicións para o Carnaval 2015.

Esperamos que estas actividades sexan do teu agrado.