Aplicacións para facer plans cos teus amigos con Phone House

25 de setembro de 2015

Existen unha serie de aplicacións que nos facilitan a tarefa de estar cos teus amigos. Neste artigo de Phone House contámoscho. En As Cancelas Santiago de Compostela.

As novas tecnoloxías facilítannos moito a vida. Unha gran vantaxe das mesmas é que nos permiten con quen queira, onde e cando queiramos. Neste artigo do blogue de Phone House facémosvos saber as 6 mellores aplicacións para facer plans cos teus amigos grazas aos dispositivos dixitais. Desde As Cancelas en Santiago de Compostela presentámosvolas. Entre elas, podes atopar aplicacións para organizar tarefas, botar unha ollada aos bares e restaurantes da cidade, quedar coa xente, etc.

1. Qhaceshoy? Trátase dunha app moi útil para facer plans. Grazas a ela podes, entre outras cousas, comprar entradas a moitos lugares (cinema, concertos, espectáculos variados, teatro...). Ademais, ofréceseche a oportunidade de conseguir interesantes descontos e a vantaxe de asistir aos eventos mostrando a entrada desde a propia app.

2. WePopp WePopp consiste basicamente é unha aplicación móbil ideal para organizar as tarefas de quedar cos nosos amigos. Se queres quedar con alguén, o normal é que existan multitude de tarefas a realizar, tales como mensaxes de correo, chamadas, cambios de última hora, etc. Por iso tes WePopp, para ter todas estas tarefas ben organizadas.

3. Vive Zone - A app da túa cidade. Grazas a esta app dispós dunha gran cantidade de datos sobre o que ocorre na túa cidade. Entre a información dispoñible tes servizos, locais de referencia, eventos e moito máis. Ademais, inclúese un sistema de geolocalización que che facilita a tarefa de chegar onde ti queiras.

4. Fever. É unha aplicación moi completa e cunha gran cantidade de información, cuxo propósito fundamental é axudarnos a obter vantaxes únicas e saber cales son os eventos que están a ter lugar neste momento. Ademais, Fever ten opcións de personalización para ti, en función dos teus gustos e preferencias. E por se isto non fose suficiente, tamén dispós de listas de eventos e lugares que visitar.

5. VAMOS? O guía de eventos. Como o seu propio nome indica, estamos a falar dunha guía de eventos. Deste xeito, con esta aplicación podes acceder a unha gran cantidade de eventos, aos cales se poden enlazar grupos de persoas convidadas, detalles e información a maiores.

6. Whatsred. Finalmente, presentámosche unha app ideal para os amantes do lecer. O seu propósito básico é axudarche a crear plans personalizados en función dos teus gustos e preferencias. Se o que queres é ir a un restaurante, a un concerto ou a un teatro, entre outros plans, con Whatsred podes atopar todo o que queiras, ademais de interesantes promocións.

Esperámoste en As Cancelas.