Vive a Fashion Week de As Cancelas

25 de maio de 2018 to 02 de xuño de 2018

Este ano a Fashion Night convértese en Fashion Week, cunha semana enteira cargada de actividades de moda, onde Jorge Javier Vázquez será o noso mestre de cerimonias. Non o podes perder!

Aínda non o sabes? A VI Fashion Night de As Cancelas xa está aquí! E é que tiñamos tantas ganas de gozala, que adiantamos a data da nosa gran noite da moda, que na súa sexta edición celebrarase o vindeiro venres 1 de xuño. Pero o adianto de data non é a única novidade, porque este ano a Fashion Night convértese en Fashion Week, cunha semana enteira cargada de actividades de moda. Queres saber máis? Continua lendo!

A nosa particular Fashion Week comezará o 25 de maio, con dúas exposicións que achegarán o mundo da moda aos visitantes do centro comercial desde distintos ámbitos. Por unha banda, poderemos gozar en planta 2 da exposición ‘Barbie: un icono de moda’, onde contaremos coa colección máis importante e máis integradora de España da famosa boneca, caracterizada con traxes de diseñadores de alta costura. Pero tamén teremos un espazo destinado á moda máis tradicional de Galicia: os traxes rexionais. En planta 1, exhibiranse os traxes rexionais típicos das distintas zonas de Galicia, a tamaño real e en miniatura. Ambas exposicións estarán no centro comercial ata o sábado 2 de xuño.

Retro Jordan 4 Cheap, Jordan 4 Retro What The 4, Jordan Retro 4 - Women's White/black/university Red http://mcxsureshotcall.com/597-retro-jordan-4-cheap-jordan-4-retro-what-the-4-jordan-retro-4-women-s-white-black-university-red.html
Nike Air Force 1 High Pure Platinum, Nike Air Max 90 Essential Pure Platinum Pure Platinum, Nike Air Force 1 High Lv8 - Men's Pure Platinum/multi Color/pure Platinum http://cialisgeneric20mgbest.com590-nike-air-force-1-high-pure-platinum-nike-air-max-90-essential-pure-platinum-pure-platinum-nike-air-force-1-high-lv8-men-s-pure.html

Pero para os máis cativos da casa tamén temos preparada unha gran sorpresa. A nosa querida mascota Celi lanza un novo tema musical e quere que algúns dos seus pequenos amigos e amigas sexan os protagonistas do seu videoclip. Apúntaste? Se tes entre 3 e 12 anos, esperámoste o venres 25 de maio no casting para o videoclip de Celi, en horario de 19 a 21h. Pasaralo en grande e poderás conseguir fantásticos premios.

O sábado 26 de maio toca a quenda do baile, e nesta ocasión cunha identidade puramente galega, xa que gozaremos dunha exhibición de baile tradicional galego.

Como colofón a esta gran semana da moda, o venres 1 de xuño, celebraremos a VI Fashion Night de As Cancelas, onde coma sempre haberá suculentos descontos, agasallos, música, degustacións gastronómicas, obradoiros de beleza e moitas sorpresas.

Como mestre de cerimonias para esa noite contaremos co popular presentador de televisión e escritor Jorge Javier Vázquez, que se fará fotos e asinará autógrafos a todos os seus fans, en horario de 19:30 a 21:00h.

Pero ademais, sortearemos máis de 6.000€ en premios entre todos os asistentes, sen necesidade de realizar ningunha compra. Por unha banda, repartiremos 3.000€ en premios directos a través dunhas papeletas de rasca e gaña que todos os visitantes poderán recoller no stand correspondente. Doutra banda, tamén entregaremos a todos os asistentes un número para participar nun sorteo, cuxo premio serán 3.000€ para gastar nas tendas de As Cancelas o sábado 2 de xuño.

Para poñer ritmo á noite, acompañarannos picadiscos de recoñecido prestixio, e ás 21h a cantante galega Lucía Pérez, que representou a España no Festival de Eurovisión do ano 2011, presentará o seu último traballo ‘Quince Soles’.

Non perdas o nosa gran semana da moda!