O Universo Bolechas estará no centro comercial As Cancelas todos os sábados de abril

05 de abril de 2013 to 29 de abril de 2013

Os sábados 6, 13, 20 e 27 deste mes os nenos e nenas que se acheguen ao maior centro comercial  de Santiago poderán divertirse cos xogos que ofrece o Universo Bolechas.

Os Bolechas, os queridos personaxes creados por Pepe Carreiro favoritos dos nenos galegos nos libros e na tele, estarán no centro comercial As Cancelas todos os sábados deste mes de abril para que os máis pequenos poidan gozar e aprender cos seus juegos e cancións.

O espazo dos populares personaxes estará ubicado na planta baixa do Centro Comercial, ao lado da porta principal. Desde as 11:30 ata as 14:00 o público asistente terá acceso ás actividades interactivas e ás 12:00 dará comezo a actividade principal: o karaoke dos Bolechas.

O Universo Bolechas inclúe a posibilidade de facer unha foto cos irmáns Bolechas, viaxando no seu peculiar autobús ou formando parte dalgunha das esceas virtuais que se envían por correo electrónico. Un divertido retrato presenta á gran familia Bolechas, tíos, curmáns, avós... Todos teñen o seu oco no colorista mural familiar. E para animar o fin da mañá os cativos poderán cantar as súas cancións favoritas, “Somos os Bolechas”, “Imos para a cama” ou “Braulio está maliño” entre outras. A cantar cos Bolechas!

Con esta actividade programada para os sábados, As Cancelas mantén o seu compromiso co entretemento para toda a familia, con iniciativas didácticas e divertidas para todos os públicos e durante todos os días da semana do mes de abril. De luns a xoves, a partir das 18.00 horas, os nenos e nenas poderán gozar dos divertidos talleres de Vitamina-T, un proxecto didáctico que introduce os nenos no mundo das artes con actividades, diferentes cada día, relacionadas co teatro, a danza, a escultura, a pintura, o cine, a arquitectura...

Os venres de abril están dedicados aos cans, con exhibicións de distintas habilidades caninas e a posibilidade de levar as mascotas ao centro os días 12 e 19 para participar nun gran concurso e un divertido photocall perruno.