O Club San Francisco Teo potencia o traballo en equipo e a igualdade

01 de febreiro de 2013

O Club San Francisco Teo fundouse no ano 2000 coa intencionalidade de ofertar deportes individuais e colectivos.

CSF Teo Club, fundado no 2000, segue o lema de “Unha alternativa á rúa”, unha metodoloxía de traballo baseada nos valores, como piar fundamental de toda práctica deportiva. Todas as modalidades deportivas: Karate, Fútbol Sala, Judo, Fútbol Americano e Xadrez, teñen como finalidade proporcionarlle aos e ás deportistas a formación necesaria que lles permita medrar como persoas.

A nosa traxectoria fai mostra do traballo constante e o esforzo como comezo do camiño a percorrer para a consecución dos méritos obtidos (chegando a competir a nivel nacional e internacional). Concibindo sempre a competición como un espazo de formación e aprendizaxe, onde por en práctica os valores adquiridos e non como un medio de determinar vencedores e vencidos.