A nosa mascota cumpre 4 anos

16 de setembro de 2017

O 16 de septiembre, a nosa querida mascota ofrecerá unha gran festa con máis de 30 actividades gratuitas para todos os pequenos visitantes do centro.

Como cada setembro, xa temos todo a punto para celebrar a mellor festa de aniversario da nosa querida mascota, Celi o extraterrestre. O sábado 16 de setembro, entre as 11 da mañá e as nove da noite, as tres plantas do centro comercial e o parking exterior acollerán máis de 30 divertidas actividades totalmente gratuitas.

Retro Jordan 4 Cheap, Jordan 4 Retro What The 4, Jordan Retro 4 - Women's White/black/university Red http://mcxsureshotcall.com/597-retro-jordan-4-cheap-jordan-4-retro-what-the-4-jordan-retro-4-women-s-white-black-university-red.html
Nike Air Force 1 High Pure Platinum, Nike Air Max 90 Essential Pure Platinum Pure Platinum, Nike Air Force 1 High Lv8 - Men's Pure Platinum/multi Color/pure Platinum http://cialisgeneric20mgbest.com590-nike-air-force-1-high-pure-platinum-nike-air-max-90-essential-pure-platinum-pure-platinum-nike-air-force-1-high-lv8-men-s-pure.html

Do mesmo xeito que o ano pasado, os nenos e nenas poderán gozar dos bautismos hípicos, a pista americana ou os hinchables xigantes ou probar novos xogos como as carreiras con karts eléctricos, o jumping, simuladores de realidade virtual ou talleres de robótica. Ademais, auméntase o número de xogos e deportes de exterior con minigolf, minitenis, fútbol e carreiras de patinetes e colocarase á entrada do centro un gran escenario para actuacións musicais, exhibicións deportivas e de danza e moitas sorpresas máis.

Para repoñer forzas haberá carritos de granizados, palomitas e algodón de azucre e ás 17.00 horas Celi soprará as velas da súa gran torta de aniversario, que repartirá despois ente todos os asistentes.

Poderán participar na festa todos os socios do Club de Celi. Como sempre, os nenos e nenas que aínda non teñan o seu carné poderán obtelo en calquera momento gratis nos puntos de atención ao cliente. Para axilizar o acceso o día da festa haberá dúas colas: unha rápida para os nenos e nenas que xa sexan socios e leven o seu carné e outra para os novos socios.

Todos os asistentes recibirán, ao pasar polo punto de información, unha pulseira para poder participar nas actividades e un número para o sorteo de 50 vales de 20 euros para gastar en establecementos do centro comercial, que irán acompañados dun pack de agasallos infantiles. Repartiranse números ata as 17.00 horas e o sorteo realizarase antes de repartir a gran torta de aniversario de Celi. Despois, as actividades continuarán ata as nove da noite

Un ano máis, será un día completo de actividades totalmente gratuitas para todos os nenos e nenas que queiran vir a As Cancelas a felicitar ao extraterrestre máis famoso de Galicia grazas ao seu club infantil, que conta xa con máis de 10.000 socios. Agardámoste!