Non te perdas os talleres gratuítos para aprender a facer cupcakes, galletas e cakepops

28 de xuño de 2013 to 17 de xullo de 2013

Os clientes das Cancelas poderán aproveitar o mes de xullo para converterse en verdadeiros expertos en repostaría cos talleres gratuítos para facer cupcakes, galletas decoradas e cakepops que organizou o centro. Os mércores 3, 10 e 17 de xullo, de cinco da tarde a oito, o centro comercial compostelán ofrece clases e todo o material necesario para aprender a elaborar estes coloridos doces. Os interesados poden inscribirse no punto de información do centro comercial até un máximo de 15 persoas por taller e día.

O taller de cupcakes celebrarase o día 3 e os participantes terán á súa disposición todo o necesario para facer estes doces decorados con buttercream, ganache ou merengue. O mércores 10 será o día das galletas decoradas, unha alternativa cada vez máis utilizada para personalizar os doces de aniversarios e  comuñóns, e o día 17 realizaranse popcakes, bollitos redondos decorados que se toman picados nun escarvadentes coma se fosen piruletas.

Ao final de cada taller, os participantes poderán levar a casa as súas creacións de repostaría e un kit personalizado con boquillas, mangas pasteleiras, estecas, cortadores de galletas e todo o necesario para seguir practicando en casa as habilidades adquiridas no taller.

Non podes faltar á cita!