Mira como crece a túa planta favorita!

22 de febreiro de 2013 to 31 de marzo de 2013

A partir do día 1 de marzo, todos os venres do mes serán verdes en As Cancelas.

O centro comercial pon en marcha o taller ecolóxico Mira a túa planta crecer, no que os máis pequenos poderán xogar a descubrir, coñecer e cultivar as froitas, hortalizas e plantas aromáticas da horta e aprender a importancia dos produtos naturais e dunha alimentación sa e natural.

No Ecohuerto de As Cancelas, e con axuda de monitores especializados, os nenos e nenas aprenderán todo o necesario para plantar, aboar e regar a súa planta, que poderán coidar no propio Ecohuerto do centro ata que creza. Ao final da actividade, o último venres de marzo, os participantes levaranse á casa un marcapáxinas-viveiro que tamén poderán plantar na casa para poñer en práctica todo o que aprenderon.