Fundación Síndrome de Down

20 de decembro de 2013

Acción que buscou a concienciación das persoas cara a este colectivo e a axuda na recadación a través da venda de calendarios.

A FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA constituíuse coa finalidade de xuntar esforzos e aglutinar vontades para mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e outras minusvalideces intelectuais. Con este obxectivo decidiron unirse a Asociación Down Compostela, o Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, para axudar a que as persoas con máis dificultades poidan ser útiles á sociedade na que viven.

Porque as persoas con Trisomía 21 o viñeron demostrando durante as últimas décadas, e hoxe é cada vez máis habitual ver a novos e adultos con Síndrome de Down ou outras minusvalideces psíquicas traballar en empresas ordinarias, formar a súa propia familia, saír a divertirse cos seus amigos, ou ser uns alumnos máis en colexios e institutos.

Máis información aquí