FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS - FEGEREC

01 de marzo de 2014

O venres 28 de febreiro de 2014 celébrase o séptimo Día Mundial das Enfermidades Raras e, coma en anteriores ocasións, FEGEREC instalará mesas informativas en As Cancelas.

A finalidade de FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) é mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por unha enfermidade rara e/ou crónica e as súas familias, defender os seus diritos e ser a sua voz ante a sociedade, Administracións e Entidades, tanto públicas coma privadas. dende FEGEREC ofrécese asistencia sociosanitaria, información e asesoramento sobre a enfermidade e recursos sociais e sanitarios dispoñibles, e é para esta asistencia sociosanitaria a donde se destina o recaudado polos eventos realizados para conmemorar o día das enfermidades raras.