Este San Valentín, convidámoste a vivir un amor de 5 estrelas!

04 de febreiro de 2019 to 14 de febreiro de 2019

Do 8 ao 14 de febreiro, ven á nosa cabina do amor e deixa a túa mensaxe. Poderás gañar una experiencia romántica para dúas persoas valorada en máis de 2.000€. Esperámoste!

Achégase San Valentin e desde As Cancelas queremos celebrar o Día dos Namorados premiando a mellor historia de amor. Así, a partires do día 8 de febreiro e ata o día 14, todos os que veñades ao centro comercial poderedes utilizar o set de gravación, que habilitaremos na porta principal do andar 0, para gravar a vosa mensaxe de amor. Recordade como vos coñecestes, contádenos o mellor piropo, amosade que seríades capaces de facer por amor... todo vale para conseguir o vídeo máis orixinal co que expresar un sentimento universal. Un premio valorado en más de 2.000€ está en xogo!

O punto de gravación estará en funcionamento de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, excepto o domingo 10 de febreiro, que permanecerá pechado. Só por participar, levarás un agasallo seguro e entrarás no sorteo dun cofre experiencia.

Retro Jordan 4 Cheap, Jordan 4 Retro What The 4, Jordan Retro 4 - Women's White/black/university Red http://mcxsureshotcall.com/597-retro-jordan-4-cheap-jordan-4-retro-what-the-4-jordan-retro-4-women-s-white-black-university-red.html
Nike Air Force 1 High Pure Platinum, Nike Air Max 90 Essential Pure Platinum Pure Platinum, Nike Air Force 1 High Lv8 - Men's Pure Platinum/multi Color/pure Platinum http://cialisgeneric20mgbest.com590-nike-air-force-1-high-pure-platinum-nike-air-max-90-essential-pure-platinum-pure-platinum-nike-air-force-1-high-lv8-men-s-pure.html

De todos os vídeos gravados, un xurado seleccionará os 10 mellores, que serán publicados na nosa páxina de Facebook para que se poidan votar entre o 18 e o 20 de febreiro. O máis votado será o gañador dunha fantástica experiencia romántica que inclúe:

  • Un cheque por valor de 500€ para gastar nas tendas de As Cancelas.
  • Unha comida nun dos locais de restauración de As Cancelas.
  • Unha tarde de spa en A Quinta da Auga.
  • Unha cea romántica e unha estancia dunha noite nunha das suites do Hostal dos Reis Católicos.

Para redondear este premio de luxo, a persoa que resulte gañadora e a súa parella, disfrutarán dun asistente persoal e chófer durante a xornada.

A nosa cabina do amor espérate!