Este Mundial proba o chutómetro de Celi

22 de xuño de 2018 to 14 de xullo de 2018

Sumámonos á febre polo Mundial de Fútbol co impresionante chutómetro de Celi, que funcionará de forma gratuita do 22 de xuño ao 14 de xullo en planta 1.

España xa está participando no Mundial de Fútbol de Rusia e desde o Club de Celi sumámonos ao apoio á Selección coa instalación dun impresionante chutómetro na planta primeira do Centro Comercial, que funcionará do venres 22 de xuño ao 14 de xullo. Anímaste a probalo? Todos os nenos e nenas que queiran medir a súa habilidade como pichichis poderán facelo en horario de 18:00 a 21:00 horas de luns a venres e en horario de mañá e tarde -de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas- os sábados. O domingo 1 de xullo todas as tendas do Centro Comercial abrirán para estrear as rebaixas de verán e o chutómetro estará tamén en funcionamento en horario de mañá e tarde.

A actividade é gratuita para os socios do Club de Celi e os nenos e nenas que non estean inscritos no Club poderán facelo en calquera momento e totalmente gratis tanto no Centro Comercial como na web de As Cancelas. Ademais de pasalo en grande, só por participar levaranse a casa un estupendo agasallo.