Entroido: que comece a festa!

09 de febreiro de 2018 to 14 de febreiro de 2018

Do 9 ao 14 de febreiro, ven gozar de todas as actividades gratuitas que Celi ten preparadas para gozar do Carnaval en As Cancelas.

A nosa querida mascota Celi xa ten todo preparado para que os nosos pequenos visitantes gocen ao máximo durante o Entroido en As Cancelas. Queres saber toda o que temos programado? Continua lendo!

As actividades comezarán o venres día 9 de febreiro co gran espectáculo de maxia Abracadabra, que comezará ás 19:00 horas.

O sábado 10 de febreiro, teremos un gran concurso de disfraces, cuxa inscripción poderase realizar desde o día 2 de febreiro no stand de información do centro comercial. Os que agarden ata o último intre poderán inscribirse o mesmo sábado entre as 17:30 e as 18:30 horas xunto ao escenario de planta 2. A espera ata que comece o gran desfile do concurso estará amenizada pola discoteca infantil Gramokids.

O concurso terá cinco categorías: mellor disfrace, disfrace máis orixinal, concursante máis simpático, mellor desfile e mellor interpretación. Os gañadores de cada categoría recibirán como premio unha Nintendo Switch e haberá sorpresas para todos os participantes.

O domingo día 11 será o día de gozar co gran hinchable de Celi e o luns 12, a partir das 18:00 horas haberá un obradoiro de maquillaxe de entroido. O martes 13, ás 19:00 horas dará comezo o espectáculo Utopía, a cargo de Christian Magic.

O 14 de febreiro, San Valentín, haberá un obradoiro de corazóns a partir das 18:00 horas.

Todas as actividades son gratuitas para os membros do Club de Celi, que conta xa con máis de 10.000 socios. Os nenos e nenas que aínda non se inscribiron poderán facelo en calquera momento e de forma gratuita no centro comercial As Cancelas. Agardámosvos!